Pedra de Rosetta
estela exipcia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A pedra de Rosetta é unha estela exipcia da época tolemaica que contén un texto en tres tipos de escrita. A súa grande importancia radica en que foi a clave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos. Grazas a Thomas Young, Jean-François Champollion e outros estudosos do Antigo Exipto, hoxe pode ser considerada como unha xoia na historia da linguaxe e a transcrición.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rosetta.
É unha peza de granodiorita negra, cunha inscrición bilingüe (grego e exipcio) dun decreto de Tolomeo V en tres formas de escrita: xeroglífica, demótica e grego uncial (grego en letras maiúsculas). Mide algo máis dun metro de longo, 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos.