Patrimonio da Humanidade en México
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) son lugares de importancia para o patrimonio cultural ou o patrimonio natural segundo se describe na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, establecida en 1972.[1] México aceptou a convención o 23 de febreiro de 1984, polo que os seus sitios históricos poden ser incluídos na lista. En 2018, había trinta e cinco sitios Patrimonio da Humanidade en México, incluíndo vinte e sete sitios culturais, seis sitios naturais e dous sitios mixtos.[2] O país ocupa o primeiro lugar de Américas e o sétimo en todo o mundo segundo o número de sitios Patrimonio.
Os seis primeiros sitios de México, Sian Ka'an, Cidade Prehispánica e Parque Nacional de Palenque, Centro histórico da Cidade de México e Xochimilco, Cidade prehispánica de Teotihuacan, Centro Histórico de Oaxaca e Xacemento Arqueolóxico de Monte Albán, e Centro Histórico de Puebla, inscribíronse na lista na 11ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, celebrada na sede da UNESCO en París, Francia en 1987.[3]
Ademais dos seus sitios inscritos, México tamén mantén vinte e un sitios na súa lista provisional, consideradas para futuras candidaturas.[4]
Tamén hai 9 tradicións e celebracións consideradas Patrimonio Cultural Inmaterial de México: Festas indíxenas dedicadas aos defuntos, a cerimonia dos Bailarines Voadores, a romaría á Peña de Bernal, a festa tradicional de xaneiro de Chiapa de Corzo, a canción tradicional dos purépechas, cociña tradicional mexicana, música Mariachi, a charrería e a romería a Zapopan.[5]