Partido Popular Alemán
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Popular Alemán (en alemán: Deutsche Volkspartei, DVP) foi un partido liberal nacionalista fundado por membros do vello Partido Liberal Nacional ao formarse a República de Weimar. Dirixido por Gustav Stresemann gradualmente dirixiuno cara a unha cooperación cos partidos do centro e a esquerda, despois da súa morte en 1929 o partido adoptou posicións máis á dereita. O DVP aceptou a forma republicana de goberno malia que entre boa parte dos seus militantes o sentimento monárquico tiña gran peso e opúxose ao Tratado de Versalles. En 1933 as autoridades nazis disolveron o partido.
Datos rápidos Tipo, Ideoloxía ...
Partido Popular Alemán | |
---|---|
Tipo | partido político e former liberal party |
Ideoloxía | Nacional-liberalismo, liberalismo conservador e liberalismo económico |
Data de fundación | 15 de decembro de 1918 |
Data de disolución | 4 de xullo de 1933 |
Presidente/a | Gustav Stresemann (valor descoñecido-) |
Nº de membros | 250.000 (1930) |
Sede | Berlín |
País | Reich alemán |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar