Parque Nacional da Peneda-Gerês
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional da Peneda-Gerês é o único espazo natural declarado como parque nacional de Portugal. É ademais un lugar de importancia comunitaria (LIC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Rede Natura 2000.[3][5][4] O parque creouse en maio de 1971 e ocupa vinte e dúas freguesías do norte dos distritos de Viana do Castelo, Braga e Vila Real; lindando xa coa raia galego-portuguesa.[6][7][3]
Máis información Marco Legal, Datos de interese ...
Parque Nacional da Peneda-Gerês | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque nacional, LIC, ZEPA, Reserva da Biosfera[2] | ||
Ano de constitución: | 1979 | ||
Superficie: | 69.596 ha. (parque)[3], 63,431.87 ha. (ZEPA)[4], 88,836.76 ha.(LIC)[5] | ||
Lexislación: | Decreto n.º 187/71[6], Decreto-Lei n.º 519-C/79[7] | ||
Datos de interese | |||
País: | Portugal | ||
Provincias: | Viana do Castelo, Braga, Vila Real. | ||
Concellos: | Arcos de Valdevez, Melgaço, Montalegre, Ponte da Barca, Terras de Bouro. | ||
Ríos: | río Limia e Cávado | ||
Picos | Peneda (1340 m), Soajo (1430 m), Amarelo (1350 m), Xurés (1545 m) e Altar dos Cabrões (1538 m) | ||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Pechar
Esta área protexida constitúe xunto co parque natural galego da Baixa Limia - Serra do Xurés un espazo natural transfronteirizo protexido. Ambos forman parte da reserva da biosfera do Transfronteiriza Gerês-Xurés desde 2009.[8][3]