Palmarés do Deportivo da Coruña
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Deportivo da Coruña é o club de fútbol máis laureado de Galiza. Ao longo da súa historia (118 anos), o equipo coruñés ténse proclamado campión das tres principais competicións de primeira categoría organizadas pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF): a Liga de Primeira División, a Copa do Rei e a Supercopa de España; ás que hai que engadir outras competicións oficiais a nivel galego e estatal. A nivel internacional, o equipo chegou ás semifinais da Recopa de Europa na tempada 1995-96 e da Liga de Campións na tempada 2003-04. O club tamén se proclamou campión do Campionato de España de fútbol feminino.