Palacio da Moncloa
sede da Presidencia do Goberno de España e residencia da xefatura do Goberno español / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Palacio da Moncloa é un edificio situado ao noroeste da cidade de Madrid, no distrito de Moncloa-Aravaca. Desde 1977 é a sede central da Presidencia do Goberno de España e a residencia oficial do Presidente do Goberno e a súa familia.
Palacio da Moncloa | |
---|---|
Xornalistas agardando ás portas do Palacio da Moncloa nunha recepción de Rodríguez Zapatero no Nadal de 2006 | |
Coordenadas | 40°26′37″N 3°44′13″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atópase cercado por todo un complexo gobernamental que inclúe, en torno ó Pazo orixinal e ós seus xardíns, edificios varios de máis recente construción, fundamentalmente a Vicepresidencia Primeira do Goberno e Ministerio da Presidencia, e as oficinas da Portavocía do Goberno, incluídas a Sala de Prensa e demais dependencias principais. Todos os edificios do complexo presidencial están comunicados entre si a través do búnker subterráneo que se construíu baixo o mandato de Felipe González como prevención de seguridade para o Goberno. Dentro do complexo, o Pazo e os seus xardíns están cercados e illados externamente do resto, a excepción do pequeno pavillón construído para albergar o Consello de Ministros e algúns despachos e salóns funcionais, e que se acha no recinto mesmo do Pazo.
O Pazo encóntrase, pois, situado no conxunto gobernamental denominado Complexo da Moncloa que está situado na Avenida Puerta de Hierro.