Otorrinolaringoloxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A otorrinolaringoloxía (ORL) é a especialidade médica que se encarga da prevención, diagnóstico e tratamento, tanto médico coma cirúrxico, das doenzas do oído, o nariz, os seos paranasais, a farinxe, a larinxe e as estruturas próximas á cara e o colo.
Asemade, as intervencións cirúrxicas da cara e do pescozo poden ser levadas a cabo tanto por otorrinolaringólogos, coma por cirurxiáns maxilofaciais ou cirurxiáns plásticos.
O organismo de referencia en Galiza é a Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía.[1]