Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura
From Wikipedia, the free encyclopedia
Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO, siglas de Food and Agriculture Organization, o seu nome en inglés) é unha organización especializada da ONU, creada o 16 de outubro de 1945, na cidade de Quebec. A FAO reagrupa 192 membros (191 estados máis a Unión Europea). A súa sede está na cidade de Roma, Italia desde 1951, anteriormente tiña a sede en Washington, D.C.. O seu obxectivo supremo é axudar a conseguir un mundo sen fame e o seu lema é fiat panis (pan para todos)
Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura | |
---|---|
Tipo | axencia da ONU e editorial |
Data de fundación | 16 de outubro de 1945 |
Director/a | Qu Dongyu |
Organización matriz | Consello Económico e Social das Nacións Unidas |
Organización subsidiaria | Somalia Water and Land Information, FAO Representation in Ghana, FAO Representation in China e FAO representation in Kenya |
Sede | Roma |
País | Italia |
Na rede | |
https://www.fao.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A FAO realiza programas para elevar os niveis de nutrición e de vida, mellora a eficiencia da produción, elaboración, comercialización e distribución dos alimentos e produtos agropecuarios de granxas, bosques e pesqueiras, promovendo o desenvolvemento e mellora da poboación rural.
Este organismo prepara ás nacións en desenvolvemento para facer fronte a situacións de urxencia alimentaria e, en caso necesario, presta socorro emerxente. Promove investimentos na agricultura, o perfeccionamento da produción agrícola, a cría de gando e a transferencia de tecnoloxía ós países en desenvolvemento. Tamén fomenta a conservación dos recursos naturais estimulando o desenvolvemento da pesca, acuicultura e as fontes de enerxía renovables.