Operación Triunfo (España)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Operación Triunfo, máis coñecido polas súas siglas OT, é un programa de televisión español creado en 2001 como talent-show musical para formar cantantes nunha academia. O formato consiste na presentación dunha serie de concursantes que deben demostrar semana tras semana as súas capacidades como cantantes nunha gala en directo e que se enfrontan a nomeamentos para abandonar a academia.
Os 16 concursantes da primeira edición do concurso en 2001. | |
Formato | Reality musical |
---|---|
Creado por | Toni Cruz Josep Maria Mainat Joan Ramon Mainat |
Dirixido por | Nia Sanjuán |
País de orixe | España |
Produtor(es) | Gestmusic Endemol |
Canle de orixe | TVE (2001-2004; 2017-) Telecinco (2005-2011) |
Primeiro episodio | 22 de outubro de 2001 |
Na rede | |
https://www.primevideo.com/region/eu/salp/operaciontriunfo?language=es_ES | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O concurso emitiu once edicións desde 2001 ata 2020. As tres primeiras tempadas, de 2001 a 2004, emitíronse en La 1 de Televisión Española. De 2005 a 2011, Telecinco emitiu desde a cuarta á oitava tempada. Despois de varios anos sen televisarse, en 2017 o formato volve a La 1 de TVE, emitíndose tamén en 2018 e 2020.
O programa serviu como plataforma directa para seleccionar, en cinco ocasións, o representante español no Festival da Canción de Eurovisión: Rosa López (2002), Beth Rodergas (2003), Ramón del Castillo (2004), Amaia Romero e Alfred García (2018), e Miki Núñez (2019). Ademais, outros concursantes do programa tamén lograron representar a España no festival anos despois de pasar polo programa, como no caso de Soraya Arnelas (2009) e Edurne (2015), ademais de Gisela (2008), que representou a Andorra.
O concurso deu a coñecer a numerosos artistas do panorama musical español, e ademais as súas edicións de 2001 e 2017 convertéronse en fenómenos sociais destacados en España:[1][2][3] en 2001 destacan David Bisbal, David Bustamante, Chenoa e Rosa López; e en 2017 destacan Aitana, Ana Guerra, Lola Índigo, Alfred García, Cepeda, Agoney, Miriam Rodríguez ou Amaia.[4][5] Estas dúas edicións foron as máis exitosas de Operación Triunfo en termos de audiencia e impacto social.[6] Outros artistas destacados que participaron no concurso son Manuel Carrasco, Soraya, Edurne ou Pablo López.