O marabilloso mago de Oz
From Wikipedia, the free encyclopedia
O marabilloso mago de Oz (The Wonderful Wizard of Oz) é un libro de literatura infantil escrito por Lyman Frank Baum e ilustrado por W. W. Denslow. Foi publicado inicialmente pola George M. Hill Company de Chicago en 1900. O mago de Oz é un dos libros máis editados tanto en Estados Unidos como en Europa. En galego aparece en 1994, editado por Xerais.
O mago de Oz | |
---|---|
Capa do libro orixinal de 1900. | |
Título orixinal | The Wonderful Wizard of Oz |
Autor/a | Lyman Frank Baum |
Ilustrador/a | W. W. Denslow. |
Cuberta | W. W. Denslow. |
Orixe | EUA |
Lingua | inglés |
Colección | The Oz books |
Xénero(s) | Fantasía, xuvenil. |
Editorial | George M. Hill Company Edicións Xerais Editorial Tris Tram |
Data de pub. | 1900 1994 |
Formato | Capa branda |
Páxinas | 259 200 |
ISBN | 9788475078526 |
Seguido por | The Marvelous Land of Oz e máis unha ducia de libros sobre a Terra de Oz |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dorothy Gale é a protagonista dun dos libros infantís máis populares do século XX, un moderno conto de fadas cheo de acción e acontecementos extraordinarios, con personaxes tan entrañábeis coma o Leñador de Folladelata, o Espantallo, o León Covarde e o can Totó. O libro, ilustrado cos excepcionais debuxos orixinais de W.W. Denslow, recrea cunha linguaxe sinxela e directa tódolos tópicos do xénero (bruxas, fadas, monstros e aventuras sen fin). Un dos grandes clásicos da literatura infantil que constitúe unha das historias máis coñecidas da cultura popular norteamericana e que foi traducida a moitos idiomas, incluíndo o galego. Grazas ao grande éxito d’O marabilloso feiticeiro de Oz, L. Frank Baum escribiu trece libros máis sobre a Terra de Oz. O libro atópase en dominio público nos Estados Unidos desde 1956.
Historiadores, economistas e estudosos da literatura examinaron tratando de explicar os posíbeis orixes e o significado do libro, porén, na súa maioría, nin lectores nin críticos cren que haxa realmente ningún significado político na obra.
Foi o primeiro libro de contos infantís con personaxes e lugares típicos dos Estados Unidos nunha época onde todos os contos de fadas describían paisaxes e personaxes europeos.