O Bierzo
comarca na provincia de León / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de León | ||||
Capital | Ponferrada | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 131.302 (2016) (56,4 hab./km²) | ||||
Xentilicio | berciano | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.328 km² | ||||
Páxina web | ccbierzo.com |
Pechar
A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega. Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta.