Nostradamus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nostradamus, nado o 14 de decembro de 1503 e finado o 2 de xullo de 1566, foi un médico e consultor astrolóxico provenzal de orixe xudía. Está considerado un dos máis célebres autores de profecías. A súa obra profética foi publicada por vez primeira en 1555.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Michel de Nostredame 14 de decembro de 1503 Saint-Rémy-de-Provence, Francia |
Morte | 2 de xullo de 1566 (62 anos) Salon-de-Provence, Francia |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Lugar de sepultura | Collégiale Saint-Laurent de Salon-de-Provence (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Francia |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Montpellier Université d'Avignon et des Pays de Vaucluse (pt) |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , médico , astrónomo , matemático , astrólogo , médico escritor , escritor |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido (1531 (Gregoriano)–1532 (Gregoriano)), morte Anne Ponsarde |
Fillos | César Nostradamus (pt) () |
Pai | Jaume de Nostredame (en) |
Irmáns | Jean de Nostredame (en) |
Pechar
Boa parte dos seus seguidores afirman con rotundidade que Nostradamus foi quen de predicir todas as catástrofes do mundo, dende as acontecidas na súa época até as do vindeiro ano 3797 da nosa era, data en que supuxo que terá lugar a fin do mundo. Así mesmo, o autor colaborou coa aristocracia francesa, elaborando horóscopos para a raíña Catarina de Medici, predicindo sorprendentemente a morte do rei Henrique II e, ao cabo, sendo asignado como médico da corte real por Carlos IX.