Nosa Señora de Covadonga
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Virxe de Covadonga, coñecida popularmente como A Santina, é unha imaxe da Virxe María que se atopa nunha cova en Covadonga, no concello de Cangas de Onís, Principado de Asturias. É a patroa de Asturias e unha das sete Patroas das comunidades autónomas de España.
Datos rápidos Advocación da Virxe María, Historia ...
Nosa Señora de Covadonga | |
---|---|
Virxe de Covadonga | |
Advocación da Virxe María | |
Historia | |
Orixe da devoción | c. 722 (inicio da Reconquista en Asturias) |
Veneración | |
Venerada en | Igrexa Católica |
Festividade | 8 de setembro |
Santuario principal | Basílica de Santa María a Real de Covadonga |
Patroa de | Asturias |
Pechar
Segundo a tradición, a Virxe axudou aos cristiáns capitaneados por Paio, provocando un desprendemento de rochas na coñecida como batalla de Covadonga, que minguou o exército árabe. Esta vitoria é lendariamente considerada como o inicio da Reconquista e a reinstauración dos reis cristiáns na Península.