Nix (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nix é un satélite natural de Plutón. Foi descuberto xunto con Hydra en xuño do 2005 polo Pluto Companion Search Team (Equipo de Busca de Compañeiros de Plutón) do Telescopio Espacial Hubble, composto por Hal A. Weaver, S. Alan Stern, Max J. Mutchler, Andrew J. Steffl, Marc W. Buie, William J. Merline, John R. Spencer, Eliot F. Young, e Leslie A. Young.
Nix | |
---|---|
Imaxe de Nix tomada pola sonda News Horizons, 2015. | |
Descubrimento | |
Descuberto por | Pluto Companion Search Team do Telescopio Espacial Hubble |
Data do descubrimento | xuño do 2005 |
Designacións | |
Designación alternativa | "Plutón II" |
Características orbitais [1] | |
Eixo Semi-maior | 48.708 km |
Excentricidade | 0,0030 |
Período orbital | 24,856 ± 0,001 d |
Inclinación | 0,195° |
Satélite de | Plutón |
Características físicas | |
Radio medio | 23 − 68 km [2] |
Masa | 5 x 1016–2 x 1018 kg[3] |
Densidade media | Descoñecida |
Período de rotación | Descoñecido |
Oblicuidade | Descoñecida |
Albedo | 0,04 − 0,35 (asumida)[4] |
Temperatura | 33-55 K |
Magnitude | 23,38 a 23,7 (medida)[4] |
O nome formal de "Nix", provén de Nicte, deusa grega da escuridade e da noite e nai de Caronte, e foi anunciado o 21 de xuño do 2006 pola circular da UAI 8723,[5] onde tamén se lle outorga a designación de Plutón II. A proposta inicial era utilizar a grafía clásica Nyx, pero para evitar confusións co asteroide 3908 Nyx, esta nomenclatura foi cambiada pola forma exipcia deste nome grego.[6]
Nix foi visitado (xunto con Plutón) pola sonda espacial New Horizons no ano 2015.