Nicho ecolóxico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un nicho, en ecoloxía, é a capacidade das especies de vivir baixo unhas condicións ambientais concretas.[1][2] O nicho ecolóxico é aquilo que define a ecoloxía dunha especie, como é o seu hábitat ou a súa función no ecosistema. Os nichos describen como os organismos ou as poboacións responden á distribución dos recursos do hábitat, dos seus competidores (sexan depredadores, parasitos ou patóxenos) e como iso fai que esas condicións muden.[3]
Existen varias definición de nicho que non recollen ao completo os mesmos conceptos.[1][2] Os nichos segundo Grinnell están definidos polos hábitats nos que as especies viven e para as que teñen adaptacións etolóxicas. Segundo, Elton este concepto inclúe tamén os cambios no ambiente segundo as especies medran nel e o seu comportamento. A definición de Hutchinson, e as posteriores, inciden no espazo definido por varios recursos ou propiedades do hábitat nos que un grupo de organismos ou especies no que poden, ou de facto o fan, persistir e reproducirse.[2]
O concepto de nicho é central na ecoloxía bioxeográfica, que está centrada nos patróns de distribución espaciais das comunidades ecolóxicas.[4][5] A modificación dos nichos polos seus habitantes é o tema de estudo da construción de nichos.[3]