National League
From Wikipedia, the free encyclopedia
A National League of Professional Baseball Clubs (do inglés: Liga Nacional de Clubs Profesionais de Béisbol) ou National League (NL), é unha das dúas ligas de béisbol que conforman a Major League Baseball (MLB) nos Estados Unidos e o Canadá. A National League é a competición deportiva por equipos profesional máis antiga do mundo aínda en activo. Fundada o 2 de febreiro de 1876 para substituír a National Association of Professional Base Ball Players (1871–1875), ás veces é coñecida como "Senior Circuit" en contraposición á American League, fundada 25 anos despois e coñecida como o "Junior Circuit". Ao igual que a Liga Americana, a Nacional conta con 15 equipos.
Datos rápidos Fundación, Rexión ...
National League | |
---|---|
Fundación | 2 de febreiro de 1876 |
Rexión | Estados Unidos |
Presidente | Bill Giles (honorífico) |
Equipos | 15 |
Actual campión | Atlanta Braves (18º título) |
Máis laureado | Los Angeles Dodgers (24 títulos) |
Sitio web | mlb.com |
Pechar