Número áureo nos calendarios
From Wikipedia, the free encyclopedia
En astronomía, denomínase número de ouro, ao rango que ten un ano determinado no ciclo de Metón, que se repite cada 19 anos e permite coincidir (cun par de horas de erro) os ciclos lunares cos ciclos solares. Hai 19 números de ouro e cada ano ten asociado o seu número de ouro.
Este período o ciclo metónico, descuberto polo astrónomo grego Metón de Atenas, foi revelado no 432 a. C. nos Xogos Olímpicos, e os atenienses, conscientes da importancia do descubrimento para mellorar a medición do tempo, rexistraron o ciclo en letras douradas no templo dedicado a Minerva (Atenea) De aí a palabra número dourado ou número áureo para describir o rango dun ano dentro do ciclo Metón e, por extensión, o mesmo ciclo.[1]
O número áureo podémolo atopar principalmente en moitos calendarios xulianos e é un dos termos empregados dende a Idade Media para calcular o Domingo de Pascua, permitindo anticipar as lunacións dese ano, e dos anos seguintes.[2]
Non se debe confundir co número áureo ou proporción áurea en álxebra e xeometría.