Mulleres nas matemáticas do século XX
From Wikipedia, the free encyclopedia
O século XX supuxo para as mulleres a consecución dos dereitos de cidadanía polos que algunhas, primeiro de forma individual e máis tarde a través de asociacións, pelexaron a partir da Revolución Francesa. A consecución deses dereitos fundamentais, como: o voto, o divorcio, á custodia dos fillos, á propiedade, á educación e a abolición da dobre moral sexual, entre outros, foi un largo camiño con resultados desiguais e grandes diferenzas entre uns países e outros. Pero ao longo do século fóronse conseguindo eses dereitos na maioría dos países, polo menos nos do considerado primeiro mundo, aínda que as veces se quedaran máis no aspecto formal que no real.[1]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |