Muíño de vento
dispositivo que transforma a enerxía eólica en movemento rotativo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un muíño de vento é un muíño que usa hélices como elemento de captación e conversión da enerxía eólica para outro tipo de enerxía apropiada para mover outros mecanismos.
Esa é a utilización tradicional da enerxía do vento en terra. En sentido lato, chámase muíño de vento calquera motor movido a enerxía eólica, estea o motor contido nun edificio, como nos muíños neerlandeses, que non son propiamente muíños senón bombas de auga, ou sexa só un sistema de pas montado no cume dunha torre, como nas modernas turbinas eólicas, xeradoras de electricidade para mover as bombas centrífugas. A partir de 1970, os muíños de vento nos Países Baixos foron sendo substituídos, no bombeamento de auga, por motores eléctricos que accionan bombas tipo parafuso de Arquímedes máis indicadas na transferencia de líquidos.