Mosteiros e conventos de Galicia
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.
Datos rápidos Sitúa tódalas coordenadas usando OSM ...
Sitúa tódalas coordenadas usando OSM | |
---|---|
Descargar coordenadas como: KML · GPX |
Pechar
Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:
- Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal, o que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.
- Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación, deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.
- Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consígnase o estilo ou estilos dominantes na construción tal como se conserva na actualidade. A maior parte dos casos en que se dá como estilo o románico, fálase de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.