Mosteiro dos Xerónimos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Monumento á riqueza dos Descubrimentos, o Mosteiro dos Xerónimos sitúase en Belém, Lisboa, á entrada do Río Texo. Constitúe o punto máis alto da arquitectura manuelina e o máis notábel conxunto monástico do século XVI en Portugal e unha das principais igrexas-salón da Europa.
Datos rápidos Mosteiro dos Xerónimos(clasificación conxunta coa Torre de Belén), Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Mosteiro dos Xerónimos (clasificación conxunta coa Torre de Belén) | |
---|---|
Mosteiro dos Xerónimos | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Criterios | C (iii) (vi) |
Inscrición | 1983 |
Identificador | 263 |
Pechar
Destaca o seu claustro, completo en 1544, e a porta sur, de complexo deseño xeométrico, de fronte para o río Texo. Os elementos decorativos están repletos de símbolos da arte da navegación e de esculturas de plantas e animais exóticos.
O monumento forma parte da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, e o 7 de xullo de 2007 foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal.