Mosteiro de Santa María de Palazuelos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O mosteiro de Santa María de Palazuelos ou Nosa Señora de Palazuelos é un mosteiro cisterciense do primeiro terzo do século XIII, declarado Ben de Interese Cultural. Foi construído no val do río Pisuerga, moi preto da súa beira dereita, no que foi a vila de Palazuelos -hoxe despoboada-, entre os termos actuais de Corcos del Valle e Cabezón de Pisuerga (provincia de Valladolid).
Mosteiro de Santa María de Palazuelos | |
---|---|
Vista do mosteiro dende a estrada de acceso vindo de Cabezón, nun día con neve. | |
Datos xerais | |
País | España |
Advocación | Virxe María |
Localización | Corcos del Valle provincia de Valladolid, Castela e León, España |
Coordenadas | 41°45′10″N 4°38′01″O |
Catalogación | Ben de Interese Cultural 3 de xuño de 1931 |
Culto | |
Diocese | Arquidiocese de Valladolid |
Arquitectura | |
Construción | Século XI |
Estilo | arquitectura románica |
Identificador | RI-51-0000995 |
Páxina web | http://www.santamariadepalazuelos.es/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa fundación debeuse a Afonso Téllez de Meneses, e ten unha dilatada historia que abrangue dende o seu primeiro asentamento ata a Desamortización do século XIX. Como tal construción cisterciense a obra está entre o románico e o gótico. Foi un monumento grandioso -chegando a ser «Cabeza do Císter en Castela»- do que quedan tan só as ruínas consolidadas do edificio da igrexa.
En 1998-1999, tras o último derrubamento de cubertas e un piar da nave sur -que arrastrou consigo a primitiva espadana-, a Xunta de Castela e León fíxose cargo das obras de reparación urxentes dentro do Plan de Emerxencias. Foron unhas obras importantes e de envergadura para evitar o derrube total, das que se fixo cargo a empresa Cabero Edificaciones, especializada en restauracións de monumentos históricos.
No ano 2012 grazas á iniciativa do concello de Cabezón de Pisuerga e á recentemente creada Asociación Amigos de Palazuelos (tamén de Cabezón) co apoio da Deputación de Valladolid, púxose en marcha un plan de desentullo, instalación eléctrica, limpeza, recompilación e numeración dos perpiaños esparexidos polo chan e todo o necesario para poñer o monumento a disposición do visitante e darlle unha vida evitando a súa caída nun novo letargo.[1]
O resto de edificios que compoñían o mosteiro, así como o mobiliario e obras de arte da igrexa, pasaron a ser parte do «Patrimonio desaparecido da provincia de Valladolid».