Modelo evolutivo r/K
From Wikipedia, the free encyclopedia
O modelo evolutivo r/K é unha teoría que explica que a evolución da estratexia de reprodución das especies está ligada ás flutuacións do ambiente.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Foi proposta polos ecólogos Robert MacArthur e E. O. Wilson en 1967, a partir dos seus traballos sobre a bioxeografía insular, que se fixeron clásicos e deron lugar ao nacemento dos conceptos de especie con estratexia r e especie con estratexia K (por convención, utilízase exclusivamente un r minúsculo e un K maiúsculo).
É unha variante máis complexa do clásico modelo loxístico proposto por Pierre François Verhulst, e permite introducir o impacto da evolución do ambiente na dinámica de poboación utilizando dous parámetros («r» e «K») en lugar dun só.
Comprende dúas estratexias típicas¨:
- a estratexia r, baseada na produción dun gran número e descendentes no menor tempo posíbel e implica unha mortalidade moi elevada. É unha adaptación aos medios inestábeis e imprevisíbeis como, por exemplo, no caso dos microorganismos que están sometidos a este tipo de condiciáns a causa do seu tamaño.
- a estratexia K, baseada nunha duración da vica máis longa e dunha reprodución máis escasa e tardía.