Medio dólar do Sesquicentenario de Lexington-Concord
moeda conmemorativa estadounidense (1925) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O medio dólar do Sesquicentenario de Lexington-Concord, é unha moeda de prata dese valor facial emitida en 1925 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia en conmemoración do 150 aniversario das batallas de Lexington e Concord, que deron inicio á guerra da independencia estadounidense.[2][3]
Medio dólar do Sesquicentenario de Lexington-Concord [1] | |
---|---|
A/: Estatua dun soldado minuteman, co seu fusil, obra de Daniel Chester French, en Concord, Massachusetts.
Lendas: UNITED STATES OF AMERICA/ CONCORD MINUTEMAN / IN GOD WE TRUST / PATRIOT HALF DOLLAR. |
R/: O Old Belfry, en Lexington, Massachusetts.
Lendas: LEXINGTON-CONCORD SESQUICENTENNIAL / OLD BELFRY, LEXINGTON / HALF DOLLAR / 1775-1925 |
|
Foi deseñada por Chester A. Beach. No seu anverso figura a estatua de 1874 de Daniel C. French titulada The Minute Man, e no seu reverso reprodúcese a torre de campanario coñecida como Old Belfry, situada en Lexington, Massachusetts.
Membros da delegación de Massachusetts no Congreso presentaron en 1924 un proxecto para crear un medio dólar conmemorativo do aniversario, que foi aprobado por ambas as cámaras do Congreso e asinado polo presidente Calvin Coolidge. Beach tivo que satisfacer os comités de Lexington e Concord, e a Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos aprobou o deseño con reticencias, xa que consideraba que os temas cos que Beach traballara resultaban deficientes.
As moedas vendéronse ao prezo dun dólar nas celebracións do aniversario en Lexington e en Concord, e tamén se venderon en bancos de toda Nova Inglaterra. Cuñouse pouco máis da metade da tiraxe autorizada de 300.000, e vendéronse case todas as moedas producidas.