McDonnell F-101 Voodoo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O McDonnell F-101 Voodoo é un caza supersónico que operaou coa Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF) e a Real Forza Aérea do Canadá (RCAF).
McDonnell F-101 Voodoo | |
---|---|
Tipo | caza |
Fabricante | McDonnell Aircraft |
Primeiro voo | 24 de setembro de 1954 |
Introducido | maio de 1957 |
Retirado | 1984 |
Principais usuarios | USAF Real Forza Aérea do Canadá |
Unidades construídas | 807 |
Variantes | McDonnell CF-101 Voodoo |
Inicialmente deseñado por McDonnell Aircraft Corporation como un escolta de bombardeiros de longo alcance (coñecedo como u caza de penetración) para o Mando Aéreo Estratéxico (SAC) da USAF, o Voodoo foi en cambio desenvolvido como un cazabombardeiro con armas nucleares para o Mando Aéreo Táctico (TAC) da USAF, e como un avión de fotorrecoñecemento baseado na mesma célula. Un F-101A estableceu varios récords mundiais de velocidade para reactores, incluíndo velocidade aerodinámica máis rápida, acadando os 1 943,4 km/h o 12 de decembro de 1957. O avión operou no rol de recoñecemento ata 1979.
Atrasos no proxecto de interceptor de 1954 conduciron a demandas dun deseño de avión interceptor provisional, un rol que finalmente foi gañado polo modelo B do Voodoo. Isto requiría amplas modificacións para engadir un gran radar no morro do avión, un segundo tripulante para operalo, e unha nova bodega de armas que usaba unha porta xiratoria e que podía levar catro mísiles AIM-4 Falcon ou dous foguetes AIR-2 Genie ocultos na fuselaxe. O F-101B entrou en servizo co Mando de Defensa Aérea da USAF en 1959 e coa Real Forza Aérea do Canadá en 1961. Os avións estadounidenses pasaron á Garda Nacional operando ata 1982. Os exemplares canadenses estiveron en servizo ata o ano 1984.