Materia de Bretaña
temáxica literaria que trata sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda que van á busca do Santo Graal / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Materia de Bretaña, denominada ás veces ciclo artúrico ou ciclo bretón, é unha temática literaria que trata sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda que van á busca do Santo Graal. É unha das temáticas que máis libros produciu na literatura universal. A Materia de Bretaña, xunto coa Materia de Francia (que se refire ás lendas de Carlomagno) e a Materia de Roma (que inclúe materiais da mitoloxía clásica), era un dos tres grandes ciclos literarios da literatura medieval. O poeta francés do século XII Jean Bodel creou o nome segundo as liñas do seu poema épico Chanson de Saisnes:
- Ne sont que III matières à nul homme atandant,
- De France et de Bretaigne, et de Rome la grant.