Masirah
From Wikipedia, the free encyclopedia
Masirah ou Illa Mazeira (árabe: مصيرة) é unha illa fronte á costa leste da parte continental de Omán e a illa máis grande de Omán. Ten 95 km de longo de norte a sur, entre 12 e 14 km de largo, cunha superficie aproximada de 649 km², e unha poboación estimada de 12.000 habitantes en 12 aldeas principalmente no norte da illa (9.292 segundo o censo de 2003, dos cales 2.311 eran estranxeiros). Administrativamente, forma unha das once provincias (árabe: ولاية, plural ولايات, transliteración: wilayah, plural wilayat) da Rexión de Ash Sharqiyah. A vila principal é Ras-Hilf na parte norte da illa. Contén unha base aérea da Real Forza Aérea de Omán e unha fábrica de peixe, así como algunhas vilas pequenas. Anteriormente, a BBC tiña unha instaación de retransmisión que consistía en transmisores de radiodifusión HF e MF localizados alí. A maior parte do interior da illa está deserta, o acceso á illa só é posible por un pequeno transbordador para automóbiles ou mediante voos da Royal Air Force of Oman enAirbus A320 ou Lockheed C-130 Hercules.
Masirah | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa de illa de 1976 | |
Situación | |
País | Omán |
Mar | Mar Arábigo, no océano Índico |
Coordenadas | 20°28′16″N 58°48′55″L |
Xeografía | |
Superficie | 649 km² |
Longura máxima | 95 km. |
Largura máxima | 14 km. |
Punto máis alto | 256 m. Dschabal Madrub |
Demografía | |
Capital | Ras-Ḥilf |
Poboación | 9.292 (7 de decembro de 2003) |
Densidade | 14 hab./km² |
As industrias principais son a pesca e a fabricación téxtil tradicional. Anteriormente era importante a construción de barcos tradicionais.