Martelo (óso)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O martelo[1] é un dos tres ósos do oído medio, o máis grande e máis lateral da cadea de ósos do oído; presenta unha cabeza, un colo, un manubrio e dúas apófises, unha lateral e outra anterior. Está conectado coa membrana timpánica e transmite as vibracións sonoras á bigornia mediante a articulación incudomalear; este último comunícase á súa vez co estribo.
Datos rápidos
Martelo | ||
---|---|---|
Martelo esquerdo: A. Visto desde fóra. B. Visto desde dentro. | ||
Martelo visíbel no centro. | ||
Latín | Malleus | |
Gray | tema #231 1044 | |
Precursor | Primeiro arco branquial |
Pechar