Mar de Siberia Oriental
mar do océano Ártico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Siberia Oriental ou mar Siberiano do Leste (ruso: Восто́чно-Сиби́рское мо́ре) é un mar marxinal do océano Ártico. Está situado entre o cabo Ártico, no norte; a costa continental de Siberia, no sur; o arquipélago das illas de Nova Siberia, no oeste; e a illa de Wrangel no leste. Está localizado entre o mar de Laptev, ao oeste -co que comunica polo estreito de Sannikov e o estreito de Laptev- e o mar de Chukchi, ao leste.
Mar de Siberia Oriental | |
---|---|
Восто́чно-Сиби́рское мо́ре | |
Localización administrativa | |
Estado | Rusia |
División | República de Sakha Chukotka |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Ártico |
Continente | Asia |
Illa/s | Illas de Nova Siberia e illa de Wrangel |
Xeografía | |
Mares contiguos | Laptev e Chukchi |
Subdivisións | Baía de Chaun |
Illas interiores | Illa Ayon e illas Medvezhi |
Afluentes | Ríos Indigirka (1.726 km), Alazeya (1.590 km), Ujandina, Kolyma (2.513 km), Rauchua (323 km), Chaun, Paljavaam (416 km) e Pegtymel (354 km) |
Cidades ribeiregas | Pevek |
Accidentes | |
Estreitos | Estreitos de Sánnikov e Laptev (mar de Laptev) |
Características | |
Superficie | 913.000 km² |
Profundiade máxima | 155 m |
Profundidade media | 58 m |
Outros datos | |
Ruta marítima | Paso do Nordeste |
Primeiros exploradores coñecidos | Semyon Dezhnev e Fedot Alekseev (1648) |
Mapa | |
Localización do mar de Siberia Oriental | |
Mapa do mar de Siberia Oriental | |
A superficie aproximada deste mar é duns 913.000 km², estando a maior parte do ano cuberta por xeo. O 70% da súa área ten unha profundidade menor de 50 m, e a súa profundidade máxima é de soamente 155 m. A costa é principalmente plana no oeste (ata a desembocadura do río Kolyma), e montañosa no leste. A temperatura media (aire) está entre 0 °C e 2 °C (4 °C no sur) no verán, alcanzando os -30 °C no inverno.
O seu principal porto é Pevek. Baña as costas da República de Sakha e de Chukotka.
Non hai illas no medio do mar de Siberia Oriental, e hai moi poucas illas e grupos de illas nas súas augas costeiras, como Illa Ayon e o arquipélago das Illas Medvezhi.
Debido á súa localización tan ao norte este mar está a maior parte do tempo cuberto de xeo. As costas orientais teñen algúns terreos elevados e outeiros, pero as costas occidentais son, na súa maioría de pouca altitude e están cubertas de tundra, pantanos e multitude de pequenos lagos.
Entre os ríos que desembocan no mar de Siberia Oriental destacan o Indigirka (1.726 km), o Alazeya (1.590 km), o Ujandina, o Kolyma (2.513 km), o Rauchua (323 km), o Chaun, o Paljavaam (416 km) e o Pegtymel (354 km).