Mar Interior de Seto
From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar interior de Seto (瀬戸内海, Seto Naikai?), mar de Seto ou Setouchi separa as illas de Honshu, Shikoku e Kyūshū, tres das catro illas principais no sur do Xapón. Este mar está conectado co mar do Xapón, ao oeste, e co mar de Filipinas (océano Pacífico), ao leste.
Mar Interior de Seto | |
---|---|
瀬戸内海 | |
Localización administrativa | |
Estado | Xapón |
División | Prefecturas de Ehime, Fukuoka, Hyōgo, Hiroshima, Kagawa, Okayama, Osaca, Ōita, Tokushima, Wakayama e Yamaguchi |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Asia |
Arquipélago | Arquipélago xaponés |
Illa/s | Honshu, Shikoku e Kyūshū |
Coordenadas | 34°10′N 133°20′L |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar do Xapón e mar de Filipinas |
Subdivisións | mar de Suo, mar de Iyo, mar de Akai, mar de Bingo, mar de Harima e baía de Osaka |
Accidentes | |
Estreitos | Estreito de Kii, estreito de Naruto e estreito de Hōyō (mar de Filipinas) e estreito de Kanmon (mar do Xapón) |
Características | |
Superficie | 23.203 km² |
Lonxitude máxima | 450 km. |
Anchura máxima | 15-55 km |
Profundiade máxima | 105 m. |
Profundidade media | 37´3 m. |
Mapa | |
Grandes Lagos do Xapón | |
Mar o lago de Seto e prefecturas do Xapón | |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A rexión que inclúe o mar de Seto e as zonas costeiras de Honshū, Shikoku e Kyūshū é coñecida como a Rexión de Setouchi. Serve como unha vía navegable, conectando o océano Pacífico co mar do Xapón. Conecta a Baía Osaca e ofrece unha conexión de transporte marítimo a centros industriais na rexión de Kansai, incluíndo Osaca e Kōbe. Antes da construción da Liña Principal San'yō, era a principal conexión de transporte entre Kansai e Kyūshū.
As prefecturas de Yamaguchi, Hiroshima, Okayama, Hyōgo, Osaca, Wakayama, Prefectura de Kagawa, Prefectura de Ehime, Prefectura de Tokushima, Prefectura de Fukuoka e Ōita teñen todas litoral no mar interior de Seto; As cidades de Hiroshima, Iwakuni, Takamatsu, e Matsuyama tamén localízanse nel.
A rexión de Setouchi é coñecida polo seu clima moderado, cunha temperatura estable durante todo o ano e os niveis de choiva relativamente baixos. O mar tamén é famoso pola súa periódica marea vermella (赤潮, akashio?) causada por densas agrupacións de certos fitoplancton que dan como resultado a morte dun gran número de peixes.
Desde a década de 1980, as costas norte e sur do mar foron conectadas polas tres rutas do Proxecto da Ponte de Honshū-Shikoku, incluíndo a Ponte Grande de Seto, que serve tanto o tráfico ferroviario como automobilístico.