María Domínguez Remón
xornalista española / From Wikipedia, the free encyclopedia
María Domínguez Remón, nada en Pozuelo de Aragón, Zaragoza, o 1 de abril de 1882 e finada en Fuendejalón, Zaragoza, o 7 de setembro de 1936, foi unha xornalista, poeta e política republicana socialista e feminista española. En 1932, foi a primeira alcaldesa da Segunda República Española na localidade de Gallur, en Zaragoza. Defendía especialmente a educación de todos, especialmente das mulleres[1] e, tras abandonar a alcaldía en 1933, dedicouse á docencia e ao xornalismo. Foi fusilada polas tropas franquistas ao comezo da Guerra civil. Durante anos a súa historia foi esquecida ata que se recuperou a mediados dos anos 90 do século XX.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: María Domínguez.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
(1932) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1882 Pozuelo de Aragón, España (pt) |
Morte | 7 de setembro de 1936 (54 anos) Fuendejalón, España (pt) |
Alcaldesa de Gallur | |
29 de xullo de 1932 – 6 de febreiro de 1933 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritora , poetisa , política , alcaldesa |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Pechar