María Casares
actriz francesa de orixe galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
María Victoria Casares Pérez, nada na Coruña o 21 de novembro de 1922 e finada en Alloue (Charente, Nova Aquitania, Francia) o 22 de novembro de 1996,[1] foi unha actriz galega que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Casares Quiroga, que fora Primeiro Ministro da II República Española durante o goberno de Azaña. En Francia era coñecida como Maria Casarès.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Maria Victoria Casares Pérez 21 de novembro de 1922 A Coruña, España |
Morte | 22 de novembro de 1996 (74 anos) Alloue, Francia |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | cemiterio de Alloue |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia España |
Educación | Conservatorio de París Cours Simon (en) Instituto-Escuela |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro , actriz de cinema |
Lingua | Lingua francesa e lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | André Schlesser (1978–1985) |
Parella | Jean Servais (–1948) Gérard Philipe (1947–) Albert Camus (1944–1945) |
Pai | Santiago Casares Quiroga |
Premios
| |
|
Pechar
Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950.