Manuel I Comneno
From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel I Comneno Megas, O Grande (28 de novembro de 1118? - 24 de setembro de 1180) emperador bizantino entre 1143 e 1180. Foi o cuarto fillo de Xoán II Comneno e Piroska -bautizada como Irene ao converterse á fe ortodoxa-, a filla do Rei Ladislau I de Hungría.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Nome orixinal | (el) Μανουήλ Α' Κομνηνός |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de novembro de 1118 Constantinopla |
Morte | 24 de setembro de 1180 (61 anos) Constantinopla |
Emperador bizantino | |
8 de abril de 1143 – 24 de setembro de 1180 ← Xoán II Comneno – Aleixo II Comneno → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Actividade | |
Ocupación | Emperador |
Lingua | Lingua grega |
Familia | |
Familia | Dinastía Ducas-Comneno |
Cónxuxe | Berta de Sulzbach (1146 (Gregoriano)–1159 (Gregoriano)) Maria de Antioquia |
Fillos | Aleixo II Comneno () Maria de Antioquia (pt) Maria Comnena (pt) () Berta de Sulzbach (pt) Alexios Komnenos (en) () |
Pais | Xoán II Comneno e Piroska da Hungria (pt) |
Irmáns | Aleixo Comneno (pt) , Andrónico Comneno (pt) , Isaac Comneno (pt) , Eudokia Komnene (en) , Maria Komnene (en) e Theodora Komnene (en) |
Manuel foi un xeneral valente e ata destacou aínda máis por ser un hábil diplomático e estadista do Imperio Bizantino. Famoso polo seu carisma e pola súa paixón por Occidente, trabou amizade persoal co Emperador alemán Conrado III, e ata curou as súas feridas despois do fracaso da Segunda Cruzada. Adoutrinado coa idea dun Imperio universal, e cunha paixón polo debate teolóxico, foi tamén quizais o único Cabaleiro-emperador segundo as normas da cabalaría da época de Bizancio. El é un representante dunha nova clase de gobernantes bizantinos que estiveron baixo a influencia do contacto cos cruzados occidentais. O costume gardado na súa corte non se inspirou pola opulencia bizantina tradicional. Amou as tradicións occidentais e celebrou torneos e xustas, mesmo participando neles, algo estraño e inquietante a ollos dos bizantinos.
Considerabelmente menos piadoso que o seu pai, Xoán II Comneno, foi un emperador enérxico e brillante que distinguiu posibilidades en todas partes, e cuxa perspectiva optimista conformou a súa visión da política exterior bizantina.
Certos comentaristas e historiadores criticaron algúns dos seus obxectivos tan pouco realistas, en particular a súa proposta de invasión de Exipto como proba dos seus soños de grandeza a unha escala inaccesíbel. Con todo, para Manuel, tales iniciativas eran tentativas simplemente ambiciosas de aproveitar as circunstancias que se lle presentaron.
Téndose distinguido na guerra do seu pai fronte aos turcos selxúcidas, foi elevado á categoría de emperador en detrimento do seu irmán máis vello. Dotado dun físico refinado e gran coraxe persoal, dedicouse incondicionalmente a unha carreira militar. Esforzouse por restaurar pola forza das armas o predominio do Imperio Bizantino nos países do Mediterráneo, e estivo implicado en conflitos bélicos cos seus veciños en todas as frontes do Imperio.