Luis Vélez de Guevara
escritor español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis Vélez de Guevara, nado Luis Vélez de Santander, o 1 de agosto de 1579 e finado o 10 de novembro de 1644, foi un dramaturgo e novelista español. Naceu en Écija e era de orixe xudía conversa.[1] Despois de graduarse na Universidade de Osuna en 1596, entrou na casa de Rodrigo de Castro, cardeal arcebispo de Sevilla, e celebrou o casamento de Filipe III nun poema asinado como Vélez de Santander, nome que seguiu usando algúns anos despois.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1579 Écija |
Morte | 10 de novembro de 1644 (65 anos) Madrid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | University of Osuna (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta , dramaturgo , escritor , soldado |
Xénero artístico | Novela e dramaturxia |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Juan Vélez de Guevara |
Parece ser que foi soldado en Italia e en Alxer, regresando a España en 1602 cando entrou ao servizo do conde de Saldaña, e dedicouse á dramaturxia. Morreu en Madrid o 10 de novembro de 1644.
O seu fillo Juan Crisóstomo Vélez de Guevara tamén foi dramaturgo no Siglo de Oro (século de ouro), con obras máis inclinadas á comedia; porén algunhas do fillo foron erroneamente atribuídas ao pai.
A maioría de datos biográficos sobre o autor foron recompilados nun principio polo escritor e historiador da Veiga Emilio Cotarelo [2] e máis recentemente polo hispanista C. George Peale [3].