Luis José de Orbegoso
From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis José de Orbegoso y Moncada Galindo (* Facenda Chuquisongo, 25 de agosto de 1795 - † Trujillo, 5 de febreiro de 1847) foi un militar e político peruano. Participou a favor da independencia do seu país. Presidente Constitucional do Perú de 1833 a 1836 (aínda que a título provisorio) e Presidente do Estado Nor-Peruano (integrante da Confederación Perú-Boliviana), entre 1837 e 1838. Desenvolveu a súa carreira política durante unha etapa de profunda división social e unha continua guerra civil polo que en varios momentos o seu goberno constitucional coexistiu cos dos militares golpistas Pedro Pablo Bermúdez e Felipe Santiago Salaverry.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (es) Luis José de Orbegoso y Moncada |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de agosto de 1795 Huamachuco, Perú (pt) |
Morte | 5 de febreiro de 1847 (51 anos) Trujillo, Perú (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Nemecio Orbegoso (en) |
Pechar