Louisville, Kentucky
From Wikipedia, the free encyclopedia
Louisville é a cidade máis grande do estado de Kentucky. Ten unha poboación de máis de 699 827 habitantes. É considerada a 16ª ou 27ª cidade máis grande dos Estados Unidos de América dependendo de que cálculo se utiliza para o reconto da poboación (ver nomenclatura, poboación e posición). O asentamento que despois se converteu na cidade de Louisville foi fundado por unha expedición de trece familias comandadas polo Coronel George Rogers Clark en 1778 e está nomeada en honra do rei Lois XVI de Francia.
Louisville (en) | |||||
Nomeado en referencia a | Lois XVI de Francia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Kentucky | ||||
County of Kentucky (en) | Condado de Jefferson (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 246.161 (2020) (1.433,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Louisville metropolitan area (en) (Poboación:1.285.439) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 171,695795 km² | ||||
Bañado por | Río Ohio | ||||
Altitude | 142 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | George Rogers Clark (pt) | ||||
Creación | 1778 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Craig Greenberg (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 41005 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 502 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | louisvilleky.gov |
Louisville está situada na parte central norte de Kentucky, na fronteira de Kentucky e Indiana situada no único obstáculo natural do río Ohio, as Fervenzas do Ohio. A súa área é de 172,6 km². É a cabeza do condado de Jefferson desde o 2003 e os límites da cidade son contiguos aos do condado debido á fusión entre o condado e a cidade. Aínda que se atopa situada ao sur dos Estados Unidos, Louisville está influenciada polas culturas do Medio Oeste e do sur; en ocasións refírese a ela como a cidade do sur máis "norteña" ou como a cidade do norte máis "sureña" dos Estados Unidos.[1]
A base da súa economía é a fabricación de whisky e o turismo. A maior fama de Louisville provén de "os dous minutos máis emocionantes no deporte": o Derby de Kentucky, a carreira de cabalos que é parte da Tripla Coroa de Cabalos Purasangue, que se leva a cabo anualmente nesta cidade, sendo un evento amplamente televisado.
Louisville é a cidade natal de Keno Don Hugo Rosa (coñecido como Don Rosa), famoso ilustrador da Walt Disney Company. Tamén foi nesta cidade, onde creceu Nicole Scherzinger do grupo The Pussycat Dolls.