Los Cristianos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Los Cristianos é un núcleo de poboación cosmopolita, importante turísticamente, pertencente ao municipio de Arona, no sur da illa de Tenerife (Canarias). Conta cun total de 19.383 habitantes (2010) segundo fontes do ISTAC.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | |||
Illa volcánica | Tenerife | |||
Municipio | Arona | |||
Está encadrado entre dúas paraxes naturais protexidos como son a Montaña de Chayofita e a Montaña de Guaza, e ábrese ao mar pola baía de Los Cristianos.
Próximo a outra zona turística como é Playa de las Américas, Los Cristianos experimentou unha forte expansión urbanística ao redor do seu porto e praia a partir do boom turístico que na década de 1970 xurdiu e que se mantén ata hoxe en día. Conta con dúas praias de area dourada, numerosos bares e restaurantes, e unha gran oferta de apartamentos e hoteis de todas as categorías.