Os Ánxeles
cidade estadounidense situada no estado de California, Estados Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Ánxeles[1][2][3][4], Los Angeles[5][6][7] ou Los Ángeles[8] (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747[9] habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.[10]
El Pueblo de Nuestra Señora la Reina de los Ángeles del Río de Porciúncula (es) | |||||||
Alcume | City of Angels, La-la-land e Tinseltown | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Nossa Senhora Rainha (pt) | ||||||
Localización | |||||||
| |||||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||||
Estado federado | California | ||||||
Condado | Condado dos Ánxeles | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 3.898.747 (2020) (2.994,08 hab./km²) | ||||||
Número de fogares | 1.402.522 (2020) | ||||||
Xeografía | |||||||
Situado na entidade territorial estatística | Região metropolitana de Los Angeles (pt) (Poboación:13.200.998) | ||||||
Superficie | 1.302,15171 km² | ||||||
Auga | 6,7682 % (1 de abril de 2010) | ||||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||||
Altitude | 93 m | ||||||
Comparte fronteira con | Lomita San Pedro, Estados Unidos Gardena (pt) Culver City (pt) Carson Torrance (pt) West Athens (pt) Long Beach Beverly Hills Westmont (pt) Monterey Park (pt) Ladera Heights (pt) Lynwood (pt) West Carson (pt) Calabasas (pt) Montebello (pt) Inglewood (pt) Santa Monica Willowbrook (pt) Alhambra (pt) South Pasadena (pt) East Los Angeles (pt) Compton (pt) Huntington Park (pt) West Hollywood Monterey Glendale El Segundo (pt) Pasadena Hidden Hills (pt) Burbank (pt) São Fernando (pt) Vernon (pt) | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | 4 de setembro de 1781 | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcaldesa | Karen Bass (pt) (2022–) | ||||||
Órgano lexislativo | Los Angeles City Council (en) , (Escano: 15) | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 90001–90068, 90070–90084, 90086–90089, 90091, 90093–90097, 90099, 90101–90103, 90174, 90185, 90189, 90291–90293, 91040–91043, 91303–91308, 91342–91349, 91352–91353, 91356–91357, 91364–91367, 91401–91499 e 91601–91609 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Prefixo telefónico | 213, 310, 424, 323, 747 e 818 | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | |||||||
Páxina web | lacity.gov | ||||||
A cidade é o centro da área estatística metropolitana dos Ánxeles-Long Beach-Santa Ana e do Grande os Ánxeles que, segundo o censo de 2010, sumaban unha poboación de 13 e 18 millóns de persoas, respectivamente. É, polo tanto, unha das áreas metropolitanas máis grandes do mundo[11] e a segunda dos Estados Unidos.[12] A cidade é tamén a sede do Condado dos Ánxeles, un dos condados máis poboados e etnicamente diversos do país.;[13] a propia cidade dos Ánxeles é recoñecida como unha das metrópoles máis diversas do planeta.[14]
A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.
Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.
O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.
Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".