Lista de xéneros operísticos
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista inclusiva de glosario de xéneros operísticos, citando nomes alternativos.
O Foire St. Germain de París, circa 1763, logo do incendio de 1762. O teatro de Nicolet no Foire St Laurent, circa 1786.A principios do século XVIII, o Théâtre de la foire en París –un nome colectivo para os teatros nas feiras anuais en St Germain, St Laurent (ver ilustración superior) e despois, St Ovide –ofrecían representacións con música e diálogos falados. Inicialmente chamadas comédie en vaudeville, estas desenvolvéronse na opéra comique. O Théâtre da foire xurdiu en Londres nos anos 1720, para ser imitado na forma da ballad opera inglesa, que á súa vez estimulou a creación do Singspiel alemán. |
"Ópera" é unha palabra italiana (unha forma reducida de opera in musica), con todo non foi frecuentemente empregada en Italia (ou en calquera outro país) para referirse ao xénero de obras particulares. A meirande parte dos compositores empregaron designacións máis precisas para presentar os seus traballos ao público. Decotío xéneros específicos de ópera foron comisionados por teatros ou mecenas (en cuxo caso a forma do traballo podía desviarse máis ou menos da norma do xénero, dependendo da inclinación do compositor). Os xéneros operísticos non son exclusivos e algunhas óperas clasifícanse en varios á vez, polo que en caso de dúbida a única autoridade acaba sendo o propio compositor.[1]