Lista de obras de Michelangelo
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A seguinte é unha lista das obras de Michelangelo, na que se inclúen as obras desaparecidas e outras atribuídas do artista do Renacemento italiano nacido en Caprese no ano 1475. Dende moi novo entrou como aprendiz no taller dos irmáns Domenico e Davide Ghirlandaio en Florencia, e tivo como principais mecenas a Lorenzo de Médici e ao Xulio II. O artista practicou a escultura, a pintura, o debuxo, a arquitectura e a poesía. Faleceu en Roma no ano 1564.