Lista de monarcas de Prusia
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista de monarcas de Prusia. A Casa de Hohenzollern gobernou o estado xermánico de Prusia desde a súa creación en 1525 como o Ducado de Prusia. O ducado desenvolveuse a partir do Estado da Orde Teutónica, un estado cruzado católico e teocrata localizado xunto a costa leste do Mar Báltico. Os Cabaleiros Teutónicos estaban baixo o liderado dun Gran-Mestre, co último deles, Alberte, converténdose para o protestantismo e secularizando as terras que tornarían-se o Ducado de Prusia.
O estado orixinalmente era vasalo do Reino da Polonia, resultado dos termos da Homenaxe Prusiana onde Alberte recibiu o ducado despois da Guerra Polaco-Teutónica. Prusia pasou para unha rama distinta dos Hohenzollern en 1618, que tamén reinaban como Electores de Brandeburgo no Sacro Imperio Romano-Xermánico, cos dous estados sendo chamados historicamente de Brandeburgo-Prusia. O Reino de Prusia foi oficialmente estabelecido en 1701 por Frederico I. Por motivos diplomáticos, os monarcas eran chamados "Rei en Prusia" até 1772 por aínda deberen vasalaxe ao emperador como electores. Mentres o estado prusiano crecía a través de guerras e manobras diplomáticas, ficou aparente que el era máis poderoso que o imperio. Tras a Guerra Franco-Prusiana en 1871, o rei Guillerme I foi coroado Emperador Alemán. A partir de entón o Reino de Prusia mantén status de estado constituínte do Imperio Alemán. Todos os emperadores do Imperio Alemán tamén foron reis de Prusia.