Lista de crustáceos de Galicia
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A seguinte é unha lista alfabética dos crustáceos atopados en Galicia. Está baseada, entre outros, na información recollida dos traballos feitos polos expertos en carcinoloxía Eduardo González Gurriarán e Matilde Méndez Guerrero[1] para os crustáceos decápodos, Juan María Junoy Pintos e Josep Castelló-Escandell para os crustáceos isópodos.[2]
Este grupo contén arredor de 67.000 especies vivas [3] que foron atopadas con maior ou menor abundancia nas costas galegas.
A taxonomía da fauna carcinolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.