Lista de concellos de España por poboación
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
En España, a 31 de decembro de 2016, existen 8.124 concellos, repartidos polas cincuenta provincias, Ceuta e Melilla e cuxos datos oficiais de poboación son recollidos polo Instituto Nacional de Estadística.[1].
Nos últimos anos houbo variacións no número de concellos: apareceron novos concellos segregados doutro anteriores e tamén fusións entre concellos previamente existentes.
Durante 2014:
- Montecorto, segregado de Ronda, na provincia de Málaga[2].
- Dehesas Viejas, segregado de Iznalloz, na provincia de Granada[3].
- Serrato, segregado de Ronda, na provincia de Málaga[4].
- Pueblonuevo de Miramontes, segregado de Talayuela, na provincia de Cáceres[5].
Durante 2015:
- Domingo Pérez de Granada, segregado de Iznalloz, na provincia de Granada[6].
Durante 2016:
- Cerdedo-Cotobade, fusión entre Cerdedo e Cotobade, na provincia de Pontevedra[7].