Lingua q’anjob’al
lingua maia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O q’anjob’al, tamén coñecido como kanjobal, é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. Segundo as estimación de 1998, tiña arredor de 77 700 falantes nativos, principalmente no departamento de Huehuetenango.[2] Os principais concellos nos que se fala o q'anjob'al son San Juan Ixcoy (Yich K'ox), San Pedro Soloma (Tz'uluma' ), Santa Eulalia (Jolom Konob' ), Santa Cruz Barillas (Yalmotx), San Rafael La Independencia e San Miguel Acatán (Pedro Mateo Pedro 2010). O q'anjob'al é ensinado nos colexios públicos dentro do sistema bilingüe de educación intercultural de Guatemala.
Datos rápidos Q’anjob’al, Estatuto oficial ...
Q’anjob’al | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Kanjobal | |
Falado en: | Guatemala | |
Rexións: | Huehuetenango | |
Total de falantes: | 78 000 (1998, en Guatemala) 9 000 (2010, en México) | |
Familia: | Maia Q’anjob’al Q’anjob’al | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Guatemala (lingua nacional) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | kjb
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar