Lingua gótica
lingua xermánica extinta falada outrora polo pobo godo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O gótico foi unha lingua xermánica hoxe extinguida, a dos godos e, máis particularmente, a dos visigodos. O gótico é, pois, unha lingua indoeuropea. É a máis antiga das linguas xermánicas testemuñadas, pero non é a orixe de ningunha lingua xermánica actual. Os documentos máis antigos datan do século IV. O gótico cesa de ser usado correntemente a partir da segunda metade do século VI en razón dos desastres visigodos contra os francos, da destrución dos godos de Italia (os ostrogodos), da conversión ao catolicismo dos Godos de Hispania, da latinización e romanización, do illamento xeográfico etc. A lingua goda sobreviviría polo menos ata mediados do século VII en Hispania, pero o franco Walahfrid Strabo menciona que ao principio do século IX, aínda se falaba gótico no curso inferior do Danubio e nas montañas illadas de Crimea. Os termos que parecen pertencer ao gótico atopados nos manuscritos posteriores (recollidos no século XVI) de Crimea non se corresponden se cadra exactamente coa mesma lingua.
Gótico 𐌲𐌿𐍄𐌰𐍂𐌰𐌶𐌳𐌰 | ||
---|---|---|
Falado en: | Europa | |
Rexións: | Oium, Dacia, Pannonia, Dalmacia, Península Itálica, Gallia Narbonensis, Gallia Aquitania, Hispania, Crimea. | |
Extinción: | século VIII ou IX | |
Familia: | Indoeuropea Xermánico Xermano oriental Gótico | |
Escrita: | Alfabeto gótico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | got | |
ISO 639-3: | got
| |
SIL: | GOT
| |
Mapa | ||
Status | ||
O carácter arcaico do gótico fai del unha lingua básica en Lingüística comparada.
Por razóns de lexibilidade, as partes que atinxen ao alfabeto gótico e á pronuncia da lingua constitúen artigos separados.