Lingua ch’olti’
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ch’olti’ é unha lingua maia extinta que foi falada polo pobo ch'ol manche que habitaba o leste de Guatemala e o sur de Belize. A forma post-colonial da lingua só se coñece por un único manuscrito escrito entre 1685 e 1695 que foi estudado por Daniel Garrison Brinton. O ch'olti' pertence á póla de linguas cho'l e está estreitamente relacionada coa maia chontal, e especialmente co ch'orti'. A lingua ch'olti' converteuse nunha lingua especialmente interesante para o estudo da escrita maia, xa que a maioría dos textos maias están escritos nunha antiga variedade do ch'olti' chamado ch'olti' clásico ou maia clásico[1] e que se pensa que puido ser a forma dialectal de prestixio na área maia durante a era clásica.[2]
Datos rápidos Ch’olti’, Códigos de lingua ...
Ch’olti’ | ||
---|---|---|
Falado en: | Guatemala | |
Rexións: | Rexión Manche | |
Extinción: | Século XVIII | |
Familia: | Maia Cho'l-tzeltal Chontal Chorti Ch’olti’ | |
Escrita: | Escrita maia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar