Lingua ch’ol
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ch'ol ou chol, é unha lingua maia falada polos pobo ch'ol, que habitan principalmente no estado mexicano de Chiapas (sobre todo nos municipios de Tumbalá, Yajalon, Tila, Sabanilla, Salto de Agua, Playas de Catazaja' e Palenque), existindo tamén unha comunidade importante no municipio de Balancán, Tabasco. Pertence ao grupo ch'ol da familia maia. Sostívose, que esta lingua, xunto co chontal e o ch’olti’, estaría relacionada coa lingua maia clásica.[1]
Datos rápidos Ch’ol, Estatuto oficial ...
Ch’ol | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Chol | |
Falado en: | México | |
Rexións: | Chiapas e Tabasco | |
Total de falantes: | 185.300 | |
Posición: | Non está entre as 100 maiores linguas | |
Familia: | Linguas maias Cho'l-tzeltal Chol-chontal Ch’ol | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | En México ten recoñecemento como lingua nacional | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ctu
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
No ch'ol pódense distinguir dous dialectos:
- Ch'ol de Tila, falado por case 44 mil persoas, cun índice do 25% de monolingüismo. Esta variedade emprégase principalmente no municipio de Tila, en Chiapas.
- Ch'ol de Tumbalá, falado por 90 mil persoas no municipio de Tumbalá, tamén en Chiapas. O índice de monolingüísmo dos falantes desta variedade é do 30% aproximadamente.