Liga Portuguesa de Basquetebol
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga Portuguesa de Basquetebol (LPB), coñecida por motivos de patrocinio como LPB Placard, é a máxima categoría do baloncesto masculino en Portugal. Dende a tempada 2008−09 a competición está organizada de novo pola Federação Portuguesa de Basquetebol, sendo un torneo semiprofesional. Entre 1995 e 2008, durante trece temporadas, a liga foi profesional, e estaba organizada pola LCB, a cal acabou desaparecendo por problemas financeiros.
LPB Placard | |
---|---|
Fundación | 2008 (formato actual) |
Rexión | Portugal |
Confederación | FIBA Europa |
Equipos | 14 |
Copa | Copa de Portugal |
Descenso | Proliga |
Actual campión | Oliveirense (2º título) |
Máis laureado | Benfica (26 títulos) |
Televisión | Sport TV |
Organizador | FPB |
Sitio web | www.fpb.pt |
Entre as temporadas 1965–66 e 1973–74 os campións de liga determinábanse nun torneo que enfrontaba aos campións do Campeonato Metropolitano, representando Portugal, e os campións das provincias da África Occidental Portuguesa (Angola) e da África Oriental (Mozambique), dun xeito semellante ao do Campeonato de Hóquei em Patins. Porén, o primeiro deses torneos non se chegou a disputar debido as protestas do Sporting de Lourenço Marques, equipo mozambicano.