Liga Galega de Fútbol Gaélico 2016/17
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga Galega de Fútbol Gaélico 2016/17 foi a cuarta edición da Liga Galega de Fútbol Gaélico, organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Na categoría masculina participaron trece equipos divididos en primeira e segunda división. O campión de primeira foi o Irmandinhos e o de segunda división o Mecos que volvera nesa tempada a primeira división xunto co Auriense, este último por primeira vez na máxima categoría. Na categoría feminina participaron nove equipos e as campioas foron as Fillas de Breogán que revalidaron o título acadado na edición anterior.