Liña Zamora - A Coruña
liña de ferrocarril entre Zamora e A Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A liña Zamora - A Coruña é unha liña de ferrocarril de 453 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo sur percorrendo as provincias de Zamora, Ourense, Pontevedra e A Coruña.
Seguindo a catalogación de Adif é a liña 822.[1] Foi aberta ao tráfico na súa totalidade por Renfe en 1958 tras unhas longas e complexas obras que duraron máis de trinta anos e se viron afectadas por diversos avatares históricos.[2]
En 2015 estase a construír neste corredor a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.